3.9.10

394B - As dez e dez



As dez e dez.

Sentado.

Sentado entre dous esteos. Dous esteos que sustentan
a humanidade encalecida.

Grises, coma esa humanidade na que me mergullo
enchoupando os meus inertes ósos.

Hoxe tamén o vin. E hai dous días. E hai dous días de hai dous días.
E así, moitos días.

Hoxe tampouco fixen nada. Tampouco. Non. Non fixen nada. Nada.

Segues aí. Estático. Ás dez e dez. Tódolos días son para ti as dez e dez. Canto levas aí, na túa pousada multiestrela?

E ese can? Quizais sexa soamente a presenza da fidelidade...
ou a denuncia doutras infidelidades.
O can das dez e dez. Tamén. Ancorado no tempo sen tempo.

Xamais un gruñido. Xamais un ladro.
Quizais sabe que eu non merezo nin iso.
Nin un ladro.

Hoxe tampouco fixen nada. Quizais, quizais mañá che bote unhas moedas
coas que pagar o meu desacougo. Non me preguntei polo prezo. Non o poderei pagar.

Nunca me censurou a túa ollada. Non me miras.
Que esteas aí xa é suficiente tormento.
Non sei se sabes iso. Non creo que che importe. Nin ao teu can.

Quizais mañá che diga algo.
Quizais.

Dime que queres que che diga. Non sei que dicirche!
Non hai nada que dicir cando as palabras están feitas de sons baleiros. Axúdame!

Quizais. Quizais tamén eu estea detido nas dez e dez.
Apreixado.

Apreixado e sen un can que me acompañe.
E sen ninguén que me diga palabras baleiras.

Sen ninguén.




enlaces a dos mundos con vida propia
que un día, por casualidad, encontré... y me quedé

Concha López Fernández, a nena,
leyó algunos de mis escritos
y decidió traducir el que antecede a estas líneas

para decirle gracias sólo se necesita una palabra
... o ninguna
que el aire lo transporta todo



◄ 394b►
As dez e dez • INT032/100903 ©
070928-P1030837-El hombre de las diez y diez ©
Lumix DMC-TZ5 - f/4.2 - 1/80 seg - 48 mm* - ISO 100

en castellano lo encontrarás aquí: Cristal Rasgado: Las diez y diez

1 comentario:

  1. Entón sen parolas pra esas desacougadas horas
    Saúdos breves :|´

    ResponderEliminar